|
Doa a Doa é un programa de televisión de IBISAtv para a TVG pensado para manter viva, tamén na pequena pantalla, a tradición oral galega, esas pequenas historias de vida que moitos de nós coñecemos porque nolas contaron os nosos avós, unha riqueza histórica e documental que se está a perder e que é necesario conservar, pois forma parte da nosa íntima memoria.
Doa a Doa conta cun cento de novas entrevistas realizadas por toda Galicia con testemuñas e vivencias dos nosos na súa infancia e xuventude. Un centenar de avós e avoas nacidos a finais dos anos vinte e, polo tanto, agora en torno aos oitenta anos de idade; persoas entrañables que construíron coas súas vidas unha parte importante da Galicia contemporánea e nos contan como se vivía "daquela" e como cambiaron as cousas ao longo do século XX.
Próximas emisións:
Domingos, ás 21:15h
6 de decembro, Ser ou non ser nai
13 de decembro, O tesouro da lingua
20 de decembro, Con Deus me deito, con Deus me levanto |