 |
|
 |
| O Doa a doa da desigualdade, este sábado na TVG | | | | Este sábado ás 21.15 hrs. “Falar da feira”. Os nosos devanceiros abordan as diferencias de clase, a riqueza e a pobreza.
TVG ofrece este sábado un novo capítulo da sexta tempada de Doa a Doa, realizado por IBISAtv. Sabido é que cadaquén fala da feira segundo lle foi nela. E na feira das nosas vidas, no doa a doa de cadaquén, houbo moitas diferenzas. Diferenzas e desigualdades que nin Deus mandou nin a natureza impón: son o resultado máis perverso das relacións que os homes e mulleres decidimos establecer para organiza-la nosa vida colectiva. Desas desigualdades só poden nace-lo sufrimento e a violencia entre xentes que, no fondo do seu corazón, só pretenden amar e ser amadas, para poderen falar ben desta gran feira que é a vida.
Neste doa a doa da desigualdade, os nosos maiores tratan a riqueza e a pobreza de hai medio século. Santiago Losada explica que “a pobreza daquela era máis desprendida, a xente pasaba necesidade, pero non reparaba tanto en eso de se o pantalón é vello ou si o pantalón está sucio. Xa non se paraba a pensar eso, que era o poder subsistir cada día, o levar algo que comer á boca”. Daquela os cartos custaba acadalos, e segundo Ramona Piñeiro “o rico vivía dos animais dos terreos, íanlle traballar os pobres gratis na máis que pola comida”. | |
|
 |