27/05/2010
Arranca el desarrollo de "El Señor de Bembibre. La película"

26/05/2010
La 2 de TVE emite de nuevo la coproducción internacional de IBISAtv “Linatakalam”

17/04/2010
O programa “Doa a doa” deixa o legado da memoria

O programa “Doa a doa” deixa o legado da memoria
- Despois de tres anos, TVG emite o derradeiro capítulo dun clásico transmitindo a memoria que nos une. - O programa despídese da grella deixando un bó legado oitenta programas emitidos e máis de trescentas entrevistas. O programa Doa a doa, realizado por IBISAtv, un clásico de referencia das noites de fin de semana da Galega, despídese este sábado desexándonos “Soños de prosperidade”. Con case oitenta programas emitidos, máis de trescentos entrevistados, e unha audiencia consolidada, Doa a doa deixa unha entrañable impronta nos espectadores galegos, poñendo en alza a importancia de transmitir a memoria cotiá, veraz e directa: a memoria que nos une. CONTINUIDADE Coa experiencia acumulada de seis tempadas facendo Doa a doa, IBISAtv faise eco da necesidade de contar na TVG cun espazo adicado á memoria cotidiá, e por iso desenvolve xa un novo espazo coa mesma filosofía e cunha imaxe renovada: proximamente saberemos máis de lembranzas de vidas ó fío da conversa. A IMPRONTA DA MEMORIA Despois de seis tempadas no acceso ó prime time da galega, cunha audiencia consolidada de media o 14% e acadando cotas do 23%, Doa a doa se despide da TVG deixando a mellor das pegadas: a pegada da memoria nos corazóns dos espectadores galegos. Porque Doa a doa é dos poucos programas da TVG que se teñen feito eco da importancia de conservar a memoria e a tradición oral dos nosos avós. DENDE 2007...UN LEGADO EXTRAORDINARIO O programa, realizado dende 2007, ten no seu haber un materia documental único, resultado das máis de trescentas entrevistas que constitúen case un milleiro de horas de conversa: un arquivo único para a sociedade galega. Dinos adeus un espazo televisivo de gran valor social, pola súa contribución a manter viva a tradición oral galega, por ser fiestra da memoria dos nosos avós, que son o noso legado máis prezado. O equipo de Doa a doa quere amosa lo seu agradecemento pola cobertura informativa e a difusión do programa dende que comezou a súa andaina na TVG, alá por 2007. O valor social do mesmo como espazo televisivo de referencia da transmisión oral non se tivera producido sen o apoio da audiencia e dos medios de comunicación galegos. Difusión que IBISAtv arriqueceu coa creación da web do programa – www.doaadoa.com - e cunha plataforma de comunicación transversal a través da rede: www.elblogdelamemoria.org.